Este proxecto articúlase a partir dun xesto doble: mirar cara atrás e, á vez, interrogar o presente desde a persistencia daquelo que xa non está. As fotografías tomadas durante una excursión escolar á Expo ’92 —un arquivo involuntario, doméstico, precario— constitúen o punto de partida dunha investigación visual sobre a memoria e a fraxilidade dos relatos que constrúen as nosas modernidades. Trinta e tres anos despois regreso ao mesmo emprazamento para producir novas imaxes, non como actualización documental, senón como confrontación coa temporalidade que as separa.


O arquivo infantil funciona como un espacio liminar. Didi-Huberman di que toda imaxe é unha “montaxe de ausencias”, un resto que resiste e, ao mesmo tempo, sustraenos aquelo que nomea. As fotografías tomadas cunha cámara de xoguete en 1992 encarnan precisamente ese resto: a súa torpeza técnica, os seus encuadres azarosos, a súa cualidade case espectral, revelan a inocencia dunha mirada que ainda non distinguía entre representación e experiencia. Estas imaxes non actúan como probas del pasado, senón como superficies opacas onde a memoria desfaise e recomeza, onde o punctum non reside nun detalle concreto senón na distancia temporal que fire e fai visible a fisura entre dous eus.

O retorno ao espazo físico da Expo —os seus pabellóns abandonados, as súas estruturas corroídas— convirte o territorio nunha ruina contemporánea, nun «tempo suspendido». A cámara contemporánea non se limita a documentar o que permanece: fai visible a espesura temporal que cobre estas formas, o que permanece «entre imaxes», a superposición de promesas futuristas e o abandono material. A ruína non opera aquí como unha metáfora da decadencia, senón como un dispositivo para considerar como a modernidade se converte en arqueoloxía ante os nosos propios ollos. Fotografar estes vestixios é observar como o tempo produce estratos, como os signos do progreso se transforman en silenzos.



O diálogo entre o arquivo e o presente non é lineal. Compórtase máis ben como unha constelación, unha estrutura de relacións inestables: a imaxe da escola ilumina a ruína actual, e esta última proxecta novas sombras sobre a imaxe da infancia. Neste sentido, o proxecto busca xerar fricción entre temporalidades, un espazo onde o documental se volve insuficiente e onde a memoria se desplega como un fenómeno discontinuo, feito de intermitencias, lagoas e resonancias. A cámara convértese así nun instrumento arqueolóxico e afectivo, capaz de activar un territorio a través do seu propio deterioro.



O diálogo entre o arquivo e o presente non é lineal. Compórtase máis ben como unha constelación, unha estrutura de relacións inestables: a imaxe da escola ilumina a ruína actual, e esta última proxecta novas sombras sobre a imaxe da infancia. Neste sentido, o proxecto busca xerar fricción entre temporalidades, un espazo onde o documental se volve insuficiente e onde a memoria se desprega como un fenómeno descontinuo, feito de intermitencias, lagoas e resonancias. A cámara convértese así nun instrumento arqueolóxico e afectivo, capaz de activar un territorio a través do seu propio deterioro.


